OS NOSOS COMPROMISOS

Engasa é un grupo do seu tempo, comprometido non só cos seus accionistas, senón tamén co seu cadro de persoal, a sociedade na que se insire e o medio natural no que desenvolve a súa actividade.

Un compromiso que nace non só do altruísmo ou das obrigacións de Responsabilidade Social Corporativa ás que se acollen voluntariamente as grandes empresas do século XXI, e que se basea na firme convicción da repercusión destes criterios nos resultados empresariais a curto, medio e longo prazo.



Compromiso medioambiental/seguridade e saude/ Calidade

Engasa conta, desde o 19 de xuño de 2003, coa certificación por Bureau Veritas Certificación dun Sistema de Xestión Ambiental conforme  ISO 14001.

No ano 2020, consciente da importancia de adquirir maiores compromisos en materia de Seguridade e Saúde no traballo e na Calidade no desenvolvemento da súa actividade , implanta un  Sistema Integrado de Xestión, sumando ao compromiso ambiental,  con datas 30 de novembro de 2020 e 4 de decembro de 2020, as certificacións de Bureau  Veritas relativas ás Normas ISO 9001:2015 e 45001:2018.

BUZON DE SUXESTIÓNS

    Asunto

    O teu nome (obrigatorio)

    O teu email (obrigatorio)

    Mensaxe




    Compromiso con Galicia

    Dende a súa creación Engasa foi, e segue sendo, unha empresa de Galicia, non só pola procedencia do seu capital ou polo seu marco de actuación xeográfica, senón, sobre todo, pola súa conciencia de galeguidade, con todo o que iso supón, e pola súa manifesta vontade de ser recoñecida por este sinal identitario.  

     

    Porque Engasa non renuncia ao que é: un grupo empresarial peculiar, porque nace e sostense grazas ao compromiso de colaboración dun elevado número de pequenos empresarios moi asentados na contorna na que Engasa desenvolve a súa tarefa.  

    Esa tradición, e o apego de cada un dos membros de Engasa ao territorio, reflíctense na seriedade dos seus compromisos con Galicia, tanto no trato cos accionistas, provedores e clientes, como coas Administracións Públicas.

     

    Engasa é  membro das fundacións Sotavento Galicia e Terra Terrarum Castrolandín de Cuntis. Ademais, Engasa traslada esta sensibilidade ao mundo artístico, con instalacións tan orixinais como a escultura da central do río Umia e o tratamento pictórico-artístico dos fustes do parque eólico de Xiabre. 

    Compromiso social

    Engasa asumiu a Responsabilidade Social Corporativa, como un concepto de actuación voluntaria que vai máis aló das esixencias legais, englobando unha ampla serie de

    actividades: mellora das condicións laborais, políticas de igualdade de xénero, apoio ás comunidades locais, mecenado cultural, sensibilidade ambiental, etc.

    COMPROMISO ÉTICO

    Engasa está firmemente convencida da altura ética dos seus empregados, directivos e administradores, e conta cunha verdadeira cultura ética empresarial que veu desenvolvendo dende os seus inicios.

    Seguindo os máis altos estándares de ética corporativa que marca o sector, Engasa conta cun sólido programa de cumprimento penal cuxa norma fundamental é o Código de Conduta, cuxos principios e valores serven como base a partir da que se desenvolve a normativa interna do grupo para satisfacer as necesidades de prevención do delito no seo do mesmo.

     

     

    Código ético

     

     

    Período medio de pago a provedores

    A entrada en vigor da Lei 31/2014, do 3 de decembro, pola que se modifica a Lei de Sociedades de Capital para a mellora do goberno corporativo,

    establece a obriga para as sociedades mercantís de publicar na páxina web o período medio de pago aos seus provedores.