Política de privacidade
1. Responsable do Tratamento
O Responsable do Tratamento correspóndese co do titular do sitio web, cuxos datos completos figuran no aviso legal.
2. Datos tratados, finalidades e prazo de conservación
2.1 Datos tratados: Aos efectos da solicitude de información ou de contacto co Titular, deberanse facilitar algún datos a través da cumprimentación dos formularios dispostos, nos que se indicarán cales deles teñen o carácter de obrigatorio.
Durante a navegación, poderán facilitarse datos coma o enderezo IP asignado polo seu provedor ou determinados perfís sociais asociados ao usuario.
2.2 Finalidades: O correo electrónico ou o teléfono facilitado para o contacto, serán utilizados para unha efectiva contestación ás cuestións expostas.
2.3 Conservación: Os datos serán tratados para xestionar a contestación ou a solicitude de información, procedéndose á súa eliminación unha vez realizado.
3. Exercicio de dereitos
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación acerca de se se está a proceder ao tratamento dos datos persoais que lles concirnan, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento dos mesmos, nese caso só se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Para iso, os usuarios poderán dirixirse (i) Mediante correo electrónico ao enderezo dpd@grupoengasa.org; ou (ii) Por carta a Xosé Pasín 7 Baixo. 15706 Santiago de Compostela, incluíndo en ambos casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente. No caso de que desexase exercer o dereito de portabilidade, facilitaranse eses datos ao novo Responsable.
4. Lexitimación do tratamento
A base legal para o tratamento dos datos facilitados é o consentimento outorgado polo usuario para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos, así como para a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polo responsable do tratamento. O consentimento será sempre revocable e poderá exercerse en calquera momento.
5. Destinatarios e cesións
Os datos non serán obxecto de cesión nin haberá transferencia internacional.