MÁIS DE 35 ANOS TRABALLANDO

Chegar a celebrar máis dun terzo de século de existencia, no mundo empresarial dos nosos días, non é frecuente.

 

En calquera sector de negocios, o triunfo e a supervivencia son froito do traballo e a dedicación, nunca da sorte ou da casualidade.

Engasa, principal referencia eléctrica galega, cumpriu en 2017 trinta e cinco anos de vida grazas a unha sabia combinación de recursos, rutinas organizativas e habilidades tecnolóxicas.

 

Engasa foi desde o seu nacemento unha peza clave para Galicia, mantendo sempre un compromiso ambiental, de modernidade e de futuro.

UN POUCO DE HISTORIA

Engasa foi creada en 1981 co impulso das empresas máis antigas do sector eléctrico galego, algunhas delas xa centenarias, e non cesou no seu empeño de converterse nun dos grupos máis importantes no ámbito da enerxía.

Desde aquel día percorreu un longo camiño que a converteu nun referente na área enerxética de Galicia a base de traballo e bo facer, levando a cabo proxectos que lle serviron para constatar o seu dominio no sector.

PRESENTE E FUTURO

Engasa é, na actualidade, un grupo punteiro no sector enerxético galego, caracterizado pola súa importante aposta polo desenvolvemento sostible e involucrada en numerosos proxectos na nosa comunidade, moitos deles pioneros, como a planta de biomasa de Allariz e o parque eólico experimental de Sotavento.

Engasa é hoxe un grupo consolidado, orgulloso do seu pasado pero sempre mirando adiante, desenvolvendo novos proxectos.