Engasa é unha empresa do seu tempo, comprometida non só cos seus accionistas, senón tamén co seu persoal, coa sociedade na que se inserta e co medio natural, no que desenvolve a súa actividade. Un compromiso que nace non só do altruísmo ou das obrigas de Responsabilidade Social Corporativa ás que se acollen voluntariamente as grandes empresas do século XXI, e que se basea na firme convicción da repercusión destes criterios nos resultados empresariais a curto, medio e longo prazo.

Dende a súa creación, Engasa centrou a súa actuación no campo das enerxías renovables e no desenvolvemento sostible, e a súa propia orixe radica na constatación –derivada da crise do petróleo dos setenta- do perigo da dependencia enerxética das fontes tradicionais, e do cuestionamento do impacto ambiental que estas teñen no entorno.

Ademais, Engasa conta, desde o 19 de xuño de 2003, coa acreditación de BVQI, relativa á certificación ISO 14001, e dende o 12 de novembro de 2004 forma parte do Rexistro Galego de Centros Adheridos ó Sistema de Xestión e Auditoría Ambiental (Regulamento 761/2001 EMAS) para as súas instalacións do río Tea, Barbantiño e Umia, así como para as súas oficinas.

Como parte do esforzo realizado  para a mellora ambiental da súa organización Engasa fai pública a súa Declaración Ambiental, que se pode consultar na páxina da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Compromiso co medio natural

ENGASA, TODOLOS DEREITOS RESERVADOS 2009 ©

Descargar “Consulta Declaración Medioambiental ENGASA” 18,63 Mb

EMPRESA     25 ANOS DE ENGASA     OS NOSOS COMPROMISOS     HIDRÁULICA     EÓLICA     BIOMASA     I+D     ENGASA EN SOCIEDADES     CONTACTO