Orixe
A orixe da enerxía hidráulica está no ciclo hidrolóxico das chuvias e por tanto, na evaporación solar e na climatoloxía, que remontan grandes cantidades de auga a zonas elevadas dos continentes alimentando os ríos. Este proceso está orixinado, de maneira primaria, pola radiación solar que recibe a Tierra.
Estas características fan que sexa significativa en rexións onde existe unha combinación adecuada de chuvias, desniveis xeolóxicos e orografía favorable para a construción de represas. É debida á enerxía potencial contida nas masas de auga que transportan os ríos, provenientes da chuvia e do desxeo. Pode ser utilizada para producir enerxía eléctrica mediante un salto de auga, como se fai nas centrais hidroeléctricas.
▪Vantaxes: trátase dunha enerxía renovable e limpa, de alto rendemento enerxético.
▪Inconvenientes: a constitución do embalse supón a inundación de importantes extensións de terreo, a veces áreas fértiles ou de gran valor ecolóxico, así como o abandono do pobo.
Características
A enerxía hidráulica ten a calidade de ser renovable, pois non se esgota a fonte primaria ao explotala, e é limpa, xa que non produce na súa explotación substancias contaminantes de ningún tipo. Porén, o impacto medioambiental das grandes presas, pola severa alteración da paisaxe e, incluso, a indución dun microclima diferenciado no seu emprazamento, desmereceu a bondade ecolóxica deste concepto nos últimos anos.
Ao mesmo tempo, a madurez da explotación fai que nos países desenvolvidos non queden apenas localizacións atractivas por desenvolver novas centrais hidroeléctricas, polo que esta fonte de enerxía, que aporta unha cantidade significativa da enerxía eléctrica en moitos países (en España, dependendo do ano, pode alcanzar o 30%) non permite un desenvolvemento adicional excesivo. Recentemente estanse a realizar centraiss minihidroeléctricas, moito máis respectuosas co ambiente e que se benefician dos progresos tecnolóxicos, logrando un rendemento e unha viabilidade económica razoables.
Discusión sobre os problemas ambientais
Artigo principal: Impacto ambiental potencial dunha presa hidráulica
Habería que pensar seriamente en que facer embalses moi grandes podería ser unha solución para compensar, no posible, o aumento do nivel das augas do mar, que se está producindo debido ao cambio climático. O aumento débese á fusión do casquete polar antártico (o ártico está sobre o mar e a súa fusión non aumentaría o nivel) e dos glaciares das montañas, que forman unha reserva de auga en terra. Podería substituírse esta reserva xeada por embalses de gran tamaño de auga líquida, de modo que unha gran cantidade non chegue ao mar, o que evitaría, hasta certo punto, a crecida de nivel. Moi probablemente, evitar a inundación de miles de quilómetros cadrados de terras con pouca elevación sobre o nivel do mar -que afectaría moi especialmente a países pobres- evitaría importantes danos ecolóxicos nas zonas costeiras, que compensarían outros danos ecolóxicos que puideran producirse nas zonas do interior. Calcúlase que as augas retidas nos grandes embalses construídos recentemente reduciron o crecemento do nivel do mar á metade do que puidese ter sido.
