Engasa asumiu a Responsabilidade Social Corporativa como un concepto de actuación voluntaria que vai máis alá das esixencias legais, englobando unha extensa serie de actividades: mellora das condicións laborais, políticas de igualdade de xénero, apoio ás comunidades locais, mecenado cultural, sensibilidade medioambiental, etc.
Engasa realizou durante a súa longa traxectoria un gran esforzo para lograr a integración no entorno social e a valoración do capital humano.
Así, cando se inicia unha actuación un dos obxectivos é intentar chegar sempre a un acordo cos veciños para a adquisición de terreos e servidumes, coa intención desde o principio de ser considerado un veciño máis.
Engasa mostra tamén unha especial atención ao seu persoal, con cursos de formación e motivándoos no seu traballo, posto que eles foron e son unha peza fundamental na consolidación deste grupo enerxético.
