Engasa é membro da Asociación de Amigos do Centro Galego de Arte Contemporánea e das fundacións Mondariz-Balneario, Terra Terrarum Castrolandín de Cuntis e da Fundación Galicia Empresa. Esta última ten como finalidade promover o uso da lingua e a cultura galega no noso entorno intelectual e empresarial, unha idea orixinal ao servizo de moitas persoas e entidades que ven na nosa galeguidade o seu sinal de identidade.
Ademais Engasa traslada esta sensibilidade ao mundo artístico, con instalacións tan orixinais como a escultura da central do río Umia e o tratamento pictórico–artístico dos fustes do parque eólico de Xiabre.
