Compromiso con Galicia

Hoxe, camiño das tres décadas de vida, Engasa é un grupo empresarial galego consolidado que, ae s través das súas sociedades accionistas, distribúe electricidade en sesenta e oito concellos da nosa comunidade,  chegando así ó 15% da poboación galega.

Dende a súa creación Engasa foi e segue a ser, unha empresa de Galicia, non só pola procedencia do seu capital ou polo seu marco de actuación xeográfica, senón, sobre todo, pola súa conciencia de galeguidade, con todo o que isto supón, e pola súa clara vontade de ser recoñecida por este sinal identitario.

Porque Engasa non renuncia  ó que é: unha empresa peculiar, por varios motivos. En primeiro lugar, pola súa calidade de empresa mixta, froito da confluencia da iniciativa privada galega e das administracións públicas do país. E, en segundo lugar, porque nace e se sostén grazas ó compromiso de colaboración dun elevado número de pequenos empresarios moi asentados no entorno no que Engasa desenvolve a súa actividade. Engasa non sería posible sen a vontade destes distribuidores, algúns deles con tradición centenaria, que non quixeron abandonar a produción eléctrica nas mans de grandes compañías foráneas.

Esa tradición, e o apego de cada un dos membros de Engasa a Galicia, reflíctense na seriedade dos seus compromisos co país, tanto no trato cos accionistas, provedores e clientes, como coas administracións públicas, así como na necesaria flexibilidade coa que a empresa sempre se intentou poñer no lugar dos seus interlocutores, especialmente nos casos de negociacións con afectados por obras ou nos estudos de impacto ambiental que desenvolve para o seus proxectos.

ENGASA, TODOLOS DEREITOS RESERVADOS 2009 ©

EMPRESA     25 ANOS DE ENGASA     OS NOSOS COMPROMISOS     HIDRÁULICA     EÓLICA     BIOMASA     I+D     ENGASA EN SOCIEDADES     CONTACTO