ENGASA, TODOLOS DEREITOS RESERVADOS 2009 ©
EMPRESA | 25 ANOS DE ENGASA | COMPROMISOS | HIDRÁULICA | EÓLICA | BIOMASA | I+D | ENGASA EN SOCIEDADES | CONTACTO
Se quere coñecer máis sobre a historia de Engasa, pinche aquí para descargar o libro Un grupo pioneiro no sector enerxético galego, 1982-2007.
2007: Engasa cumpriu 25 anos
Chegar a celebrar un cuarto de século de existencia, no mundo empresarial dos nosos días, non é frecuente. En calquera sector de negocios, o triunfo e a supervivencia son froito do traballo e a dedicación, nunca da sorte ou da casualidade. Engasa, nacida no 1982 grazas á unión de varias empresas preexistentes e coa presenza da Administración –primeiro central, logo autonómica- no seu accionariado, cumpriu en 2007 os seus primeiros vinte e cinco anos de vida grazas a unha sabia combinación de recursos, rutinas organizativas e habilidades tecnolóxicas.
Engasa, principal referencia eléctrica galega tras a absorción de Fenosa pola madrileña Unión Eléctrica a comezos da década dos oitenta, foi dende o seu nacemento unha peza clave para que Galicia non cedese por completo o control dun sector tan estratéxico para calquera país como o enerxético, e en especial no campo das enerxías renovables, desde as minicentrais hidráulicas ás eólicas, mantendo sempre un compromiso medioambiental, de modernidade e de futuro.
Descargar “Engasa un grupo pioneiro no sector enerxético galego 1982-2007” 18,63 Mb